Xornadas de Fraseoloxía Multilingüe na Aula

4, 5 e 12 de maio de 2018


Facultade de Filoloxía (USC) - Salón de Graos

Museo Pedagóxico de Galicia, MUPEGA - Salón de Actos

Santiago de Compostela

Iniciativa de formación para profesorado non universitario, solicitada a homologación á Consellería

de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente

 Estas Xornadas de Fraseoloxía

pretenden establecer un espazo de traballo e reflexión conxunta sobre a fraseoloxía entre o profesorado de linguas en educación secundaria e universitaria, tanto de lingua materna coma estranxeira. Portadoras dunha gran carga expresiva e moi comúns na interacción cotiá, as unidades fraseolóxicas e paremiolóxicas permiten reparar na dimensión figurativa da linguaxe usual e no seu papel para a conservación do patrimonio léxico. Ademais de ser fundamentais para lograr o dominio instrumental dunha lingua, son unha valiosa ferramenta na aula para dar a coñecer ao alumnado as particularidades socioculturais de cada comunidade lingüística.

Nas Xornadas combinaranse sesións de carácter expositivo e práctico, desde a presentación de materiais que facilitan a aprendizaxe autónoma até obradoiros para a súa elaboración (tendo en conta dicionarios, recursos dixitais, materiais auténticos, córpora etc.). Isto realizarase da man de profesionais especializados no ensino de galego, castelán e doutras linguas europeas (francés, inglés e portugués), sen esquecer a base común das linguas clásicas.


Están destinadas
ao profesorado de Ensino Secundario e Bacharelato das distintas linguas e ás persoas interesadas polo ensino e a aprendizaxe das linguas e as súas literaturas.


Podes facer a inscrición gratuíta

a través do formulario en liña ata o 2 de maio de 2018


accede ao formulario


cuspidiñas.PNG


Organización

Carmen Mellado Blanco (dirección)

Mª Isabel González Rey (dirección)

Alba Cid Fernández (secretaría)

M. Carmen Losada Aldrey (secretaría)


Para máis información

podes escribir ao enderezo:

xornadasfraseoloxia2018@gmail.com


Carmen Mellado Blanco / Mª Isabel González Rey

Facultade de Filoloxía

Avda. de Castelao s/n – Campus Norte

15782 - Santiago de Compostela


Descarga aquí o programa

Venres 4 de maio na Facultade de Filoloxía, sábados 5 e 12 no MUPEGA!

Es unha desas persoas listas coma un allo,

que lle dan á trela con fundamento?

Anímaste a reforzar a presenza da fraseoloxía

e a paremioloxía nas túas aulas?

background
Follow This Page + Follow This Page + Following This Page
Follow This Page
Get notified by email when this page has new information!
* We'll only use this to notify you regarding this page
Follow This Page
Get notified by email when this page has new information!
* You'll be able to stop following at any time.
You're following this page!
We'll email you when this page has new information. You can stop following at any time.
You're following this page!
We'll email you when this page has new information.
×